NADAL ACTIVO 2016

AO LONGO DO MES DE DECEMBRO, PREPARAMOS E ENSAIAMOS OS DIFERENTES BAILES E ACTUACIÓNS PARA O FESTIVAL DE NADAL. ADEMAIS ADORNAMOS OS CORREDORES E PORTAS DAS AULAS DO CENTRO. O FESTIVAL O CELEBRAMOS NO CENTRO CÍVICO DE TEIS ATA ONDE NOS DESPRAZAMOS A PÉ DENDE O COLE. NO DÍA DO FESTIVAL PASÁMOLO MOI BEN E MOSTRÁMOSLLES ÁS NOSAS FAMILIAS E DEMÁIS COMPAÑEIROS O RESULTADO DO NOSO ESFORZO.

EDUCACIÓN VIARIA


Hai moitas cousas que facemos por rutina e non nos paramos a pensar. O 23 de novembro veu ao colexio unha policía local para que os alumnos de 5º fixeramos un paseo pola entorna do mesmo como peóns. Despois de traballar na aula sobre as partes e elementos da rúa e para que sirve cada un, saímos para observar. Íamos preparados! Con rotuladores para marcar nun plano cales eran os puntos perigosos e os seguros para cru zar ou mesmo circular polas beirarrúas. Constatamos que ao arredor do colexio é bastante perigosa pois á entrada os coches non están organizados, as beirarrúas son moi estreitas… Case todo eran puntos vermellos!, bueno… por fin chegando ao Centro Cívico puidemos sinalar un punto verde. As explicacións da policía foron moi interesantes, recalcounos: antes de cruzar a vía, aínda sendo paso de peóns e con semáforos, hai que mirar a dereita e a esquerda, pois o vehículo vai moito máis rápido que nós (as persoas 1 m/s). Tamén nos dixo cousas como que, se podemos, compartamos coche para ir ao cole e principalmente que ensinemos aos nosos pais - peóns a cumprir todas as normas de tráfico. Foi unha breve saída pero moi aproveitada. Poñamos todos da nosa parte para que haxa menos accidentes de peóns. CAMIÑEMOS SEGUROS POLA NOS A CIDADE!!!!