CAMIÑO DO MONTE

No colexio estamos participando nun proxecto para coñecer a flora e fauna autóctona da nosa contorna, para iso estivemos indo curso por curso aos arredores do colexio e ao monte da Guía. De paso foi unha oportunidade estupenda para disfrutar dunha xornada de senderismo pola natureza. Esta é unha reportaxe dos nenos e nenas de terceiro.

XORNADA DE ATLETISMO NO CUVI

XORNADA DE ATLETISMO O 19 de maio subimos ás pistas de atletismo do CUVI. Compartimos autobús co alumnado do Colexio Frián. Facía fresquiño. Cada un xa sabíamos en que probas íamos participar: carreira de 60, 500 metros ou relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. A maioría participamos en dúas. Déronos unha pegatina-dorsal co número para pór na camiseta, algúns levaban o mil douscentos e algo, aínda que alí non estábamos tantos rapaces. Cada un de nós esforzouse o que puido nas distintas probas (mesmo gañamos algunhas), pero o importante foi sentirnos como verdadeiros atletas, pois había monitores que controlaban os tempos e as distancias. Animámonos uns aos outros e estivemos encantados. VIVA O ATLETISMO!!!!

EDUCACIÓN VIAL


O xoves 29 de marzo participamos nunha saída o alumnado de sexto de primaria ao Castro. Unha vez alí estivemos practicando os nosos coñecementos de EDUCACIÓN VIARIA, coa axuda de dous policías locais que nos recordaron as principais normas para a boa convivencia entre os peóns, coches e bicicletas. 
Foi unha saída moi divertida e aprendemos moitas cousas, incluso algún de nos recordamos como se andaba en bicicleta!!!! Moitas gracias aos policías que nos axudaron.