COCIÑA CON CIENCIA

   Tivemos a sorte de participar nun obradoiro relacionado cos hábitos saudables de vida.

Neste caso ensináronnos a importancia dunha boa alimentación, da hixiene á hora de manipular os alimentos e déronnos consellos para a idónea conservación dos mesmos.

   Por último xogamos a Master Chef, fixemos unha receita de alta cociña e estaba riquísima!!!

   Foi moi divertido e aprendemos moito.

MAGOSTO 2016

Un ano máis chegou o día de San Martiño, para disfrutalo a tope!

Cando chegamos ao patio os nenos e nenas de sexto organizárannos xogos populares. Tiñan todo preparado coas zonas señaladas para os distintos xogos e co material necesario para cada un. Todos levábamos un distintivo: diadema na cabeza, un colar ou unha tarxeta na solapa para que os monitores de sexto nos puxeran unha pegatina ao remate de cada xogo.

Xogamos a varios xogos: ao "baile da castaña", a "serpe de castañas", ao "tres en raia", as "carreiras de sacos", á "culler coa castaña" e a "ra das castañas".

Pasamos unha xornada moi divertida movéndonos, xogando cos compañeiros e compañeiras e ríndonos moito. Non competimos, senon que simplemente disfrutamos.

Claro que despois de tanto movemento chegou a recompensa cun boísimo MAGOSTO.

DÍA DO PEÓN

  O día 11 de novembro coincidindo ca festa de San Martiño, o noso profe de 1º curso ensinounos todo o relacionado co peón: os seus diferentes nomes, partes, historias, xogos, trucos...tamén o lanzamos e o bailamos.

  E como manda a tradición "En San Martiño trompos ó camiño"

VISITA AO CLUBE DE REMO VIRXE DA GUÍA

     

     O 26 Outubro fumos o alumnado de 5º e 6º a coñecer as instalación do clube de remo Virxe da Guía, un clube con moitos anos de historia e tradición no noso barrio de Teis. 

     Alí mostraronos as diferentes embarcacións que teñen, as súas instalacións, situadas nun marco privilexiado da ría de Vigo, o seu ximnasio e o foso onde entrenan cando non saen ó mar.

      Os nenos e nenas practicaron e coñeceron o deporte do remo máis profundamente, e mesmo lles invitaron a subir a unha trainera. Quedaron ilusionados por comezar a practicalo!!!








XORNADAS DE ATLETISMO


VISITA DO CLUBE DE ATLETISMO COMESAÑA.

FIXÉRONNOS UNHA PRESENTACIÓN DO SEU DEPORTE E UNHA POSTA EN PRÁCTICA DAS DISTINTAS DISCIPLINAS!!!!!!

Presentación na biblioteca do cole 
Lanzamento de martelo




Practicaron algunhas das disciplina do atletismo e o alumnado disfrutou moitísimo!









Lanzamento de xabalina

Lanzamento de peso.


Por último aprenderon como son as saídas no Atletismo e como se pasa o testigo dun compañeiro a outro nas carreiras de relevos.