Remando no ximnasio!!!!

O Club de remo Virxe da Guía devolveunos a visita que lle fixemos no primero trimestre. Viñeros á escola e organizaron unha competición de remo cos ergómetros. Participamos os cursos de cuarto, quinto e sexto. Foi todo un acerto e pasamos un rato xenial facendo deporte e aprendendo a remar nos ergómetros. Gracias unha vez máis ao Club de Remo Virxe da Guía!!!!!! https://quik.gopro.com/v/9a7aKz19Eh/

CAMIÑO DO MONTE

No colexio estamos participando nun proxecto para coñecer a flora e fauna autóctona da nosa contorna, para iso estivemos indo curso por curso aos arredores do colexio e ao monte da Guía. De paso foi unha oportunidade estupenda para disfrutar dunha xornada de senderismo pola natureza. Esta é unha reportaxe dos nenos e nenas de terceiro.

XORNADA DE ATLETISMO NO CUVI

XORNADA DE ATLETISMO O 19 de maio subimos ás pistas de atletismo do CUVI. Compartimos autobús co alumnado do Colexio Frián. Facía fresquiño. Cada un xa sabíamos en que probas íamos participar: carreira de 60, 500 metros ou relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. A maioría participamos en dúas. Déronos unha pegatina-dorsal co número para pór na camiseta, algúns levaban o mil douscentos e algo, aínda que alí non estábamos tantos rapaces. Cada un de nós esforzouse o que puido nas distintas probas (mesmo gañamos algunhas), pero o importante foi sentirnos como verdadeiros atletas, pois había monitores que controlaban os tempos e as distancias. Animámonos uns aos outros e estivemos encantados. VIVA O ATLETISMO!!!!

EDUCACIÓN VIAL


O xoves 29 de marzo participamos nunha saída o alumnado de sexto de primaria ao Castro. Unha vez alí estivemos practicando os nosos coñecementos de EDUCACIÓN VIARIA, coa axuda de dous policías locais que nos recordaron as principais normas para a boa convivencia entre os peóns, coches e bicicletas. 
Foi unha saída moi divertida e aprendemos moitas cousas, incluso algún de nos recordamos como se andaba en bicicleta!!!! Moitas gracias aos policías que nos axudaron.

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O venres 17 tivemos a sorte de contar coa axuda de dúas enfermeiras e un médico, para impartirnos un OBRADOIRO de PRIMEIROS AUXILIOS para todo o alumnado do centro.
Impartiuse na biblioteca e aprendemos cousas importantísimas para poder salvar vidas!!!!!!!!


https://quik.gopro.com/v/BfYOwbUsgf/

IV ANDAINA DE TEIS


MÓVETE!!!


O domingo 12 de abril ás 10:30 comezará polo barrio de Teis a IV ANDAINA organizada polas ANPAS. Nela participan cinco centros do barrio. Consiste en ir andando as familias cos seus fillos dende o seu colexio ata o parque da Riouxa. Alí inaugúranse as IV OLIMPÍADAS DE TEIS; faise un xantar comunitario, convivindo nunha xornada estupenda. Xa pola tarde a cousa ESTARÁ MOI ANIMADA con distintos xogos e tamén se otorgarán dous premios dos mellores debuxos: un de infantil e outro de primaria. Os debuxos xa foron feitos previamente polo alumnado e actúa de xuíz o ilustrador Ramón Trigo.

Esta xornada é a previa á do 22 de abril na que se celebran propiamente as IV Olimpíadas que serán no pabellón de Teis (ao lado das 7 Torres), e contarán con distintos xogos como por exemplo balonmán, baile moderno, acrosport ou atletismo infantil.

Animádevos!!!      APUNTÁDEVOS XA!!!!!!!!

LIGA ESCOLAR DE BRILÉ

AO LONGO DESTE TRIMESTRE ORGANIZAMOS UNHA LIGA PARA PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO. OS PARTIDOS XÓGANSE NOS RECREOS DOS MARTES. OS EQUIPOS SON MIXTOS E DE DIFERENTES CURSOS. Nun día de chuvia tivemos que xogar no ximnasio, o ambiente foi espectacular!!!!!!

SEMENTANDO A PAZ

Día da Paz.

Nesta xornada celebramos este día sementando a paz cunha espiral de mensaxes con boas intencións.

Rematamos cunha coreografía na cal bailamos todos e todas incluidos profes!!!


NADAL ACTIVO 2016

AO LONGO DO MES DE DECEMBRO, PREPARAMOS E ENSAIAMOS OS DIFERENTES BAILES E ACTUACIÓNS PARA O FESTIVAL DE NADAL. ADEMAIS ADORNAMOS OS CORREDORES E PORTAS DAS AULAS DO CENTRO. O FESTIVAL O CELEBRAMOS NO CENTRO CÍVICO DE TEIS ATA ONDE NOS DESPRAZAMOS A PÉ DENDE O COLE. NO DÍA DO FESTIVAL PASÁMOLO MOI BEN E MOSTRÁMOSLLES ÁS NOSAS FAMILIAS E DEMÁIS COMPAÑEIROS O RESULTADO DO NOSO ESFORZO.

EDUCACIÓN VIARIA


Hai moitas cousas que facemos por rutina e non nos paramos a pensar. O 23 de novembro veu ao colexio unha policía local para que os alumnos de 5º fixeramos un paseo pola entorna do mesmo como peóns. Despois de traballar na aula sobre as partes e elementos da rúa e para que sirve cada un, saímos para observar. Íamos preparados! Con rotuladores para marcar nun plano cales eran os puntos perigosos e os seguros para cru zar ou mesmo circular polas beirarrúas. Constatamos que ao arredor do colexio é bastante perigosa pois á entrada os coches non están organizados, as beirarrúas son moi estreitas… Case todo eran puntos vermellos!, bueno… por fin chegando ao Centro Cívico puidemos sinalar un punto verde. As explicacións da policía foron moi interesantes, recalcounos: antes de cruzar a vía, aínda sendo paso de peóns e con semáforos, hai que mirar a dereita e a esquerda, pois o vehículo vai moito máis rápido que nós (as persoas 1 m/s). Tamén nos dixo cousas como que, se podemos, compartamos coche para ir ao cole e principalmente que ensinemos aos nosos pais - peóns a cumprir todas as normas de tráfico. Foi unha breve saída pero moi aproveitada. Poñamos todos da nosa parte para que haxa menos accidentes de peóns. CAMIÑEMOS SEGUROS POLA NOS A CIDADE!!!!