MAGOSTO 2016

Un ano máis chegou o día de San Martiño, para disfrutalo a tope!

Cando chegamos ao patio os nenos e nenas de sexto organizárannos xogos populares. Tiñan todo preparado coas zonas señaladas para os distintos xogos e co material necesario para cada un. Todos levábamos un distintivo: diadema na cabeza, un colar ou unha tarxeta na solapa para que os monitores de sexto nos puxeran unha pegatina ao remate de cada xogo.

Xogamos a varios xogos: ao "baile da castaña", a "serpe de castañas", ao "tres en raia", as "carreiras de sacos", á "culler coa castaña" e a "ra das castañas".

Pasamos unha xornada moi divertida movéndonos, xogando cos compañeiros e compañeiras e ríndonos moito. Non competimos, senon que simplemente disfrutamos.

Claro que despois de tanto movemento chegou a recompensa cun boísimo MAGOSTO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario