IV ANDAINA DE TEIS


MÓVETE!!!


O domingo 12 de abril ás 10:30 comezará polo barrio de Teis a IV ANDAINA organizada polas ANPAS. Nela participan cinco centros do barrio. Consiste en ir andando as familias cos seus fillos dende o seu colexio ata o parque da Riouxa. Alí inaugúranse as IV OLIMPÍADAS DE TEIS; faise un xantar comunitario, convivindo nunha xornada estupenda. Xa pola tarde a cousa ESTARÁ MOI ANIMADA con distintos xogos e tamén se otorgarán dous premios dos mellores debuxos: un de infantil e outro de primaria. Os debuxos xa foron feitos previamente polo alumnado e actúa de xuíz o ilustrador Ramón Trigo.

Esta xornada é a previa á do 22 de abril na que se celebran propiamente as IV Olimpíadas que serán no pabellón de Teis (ao lado das 7 Torres), e contarán con distintos xogos como por exemplo balonmán, baile moderno, acrosport ou atletismo infantil.

Animádevos!!!      APUNTÁDEVOS XA!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario